Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 14 de xaneiro de 2024

Día da Paz con Jane Goodall

Para conmemorar o Día da Paz imos coñecer a figura de Jane Goodall, unha loitadora incansable empeñada en facer do mundo un lugar mellor tanto para as persoas coma os animais. Entre moitos recoñecementos en 2002 foi nomeada polo Secretario Xeral Kofi Annan  "Mensaxeira da Paz" de Nacións Unidas.

Neste espazo atoparedes moita información para coñecela e traballar sobre ela.

DOCUMENTAL SOBRE JANE GOODALL DE NATIONAL GEOGRAPHIC




REALIZAMOS UN MURAL ENTRE TODOS Cada neno/a pintou un chimpancé. Logo puxéronlle un nome ao igual que facía Jane Goodall, de tal xeito que todos os chimpancés dunha clase comezaban pola mesma letra, pois así era como ela o facía, todos os que pertencían á mesma familia comezaban pola mesma letra.
Vendo os documentais de Jane Goodall
Vendo os documentais de Jane Goodall e coloreando os chimpancés
Vendo documentais de Jane Goodall

Coloreando os chimpancés e poñéndolles nome













Ningún comentario:

Publicar un comentario