Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 30 de novembro de 2023

Extingamos o 25 N

 Xa que este ano andamos a voltas coa extinción dos animais como tema do noso PDI, o Equipo de Convivencia propuxo elaborar un mural no que deixamos claro que o que si que queremos extinguir é a violenca de xénero. Oxalá non houbese que sinalar esta data no calendario!!















xoves, 16 de novembro de 2023

Oso panda vermello

Na clase de catro anos tiveron unha visita especial!!. Estes días andan a voltas co conto "Luna y el oso panda rojo" polo que Iago quixo traer ao cole ao seu peluche para compartilo cos seus compañeiros. A todos lles encantou a sorpresa que lles deu Iago!!











martes, 14 de novembro de 2023

Entrega de premios do concurso "Búscase fin para contos de samaín"

 Aquí temos aos tres gañadores do concurso de escritura creativa do samaín. Noraboa aos tres! Tamén podedes ler e escoitar as súas historias.



Historia de Mateo Pereira 3º A




Historia de Uxía Freire 4º A



Historia de Beltrán Gómez 6º A


Tamén vos deixamos aquí as 7 historias finalistas para que tamén as poidades ler e escoitar na voz dos seus creadores!


Historia de Carla Fonseca 6º B 


Historia de Daniela 6º B 


Historia de Kenia 3º A 


Historia de Alexandre 4º A 


Historia de Yanira 6º B




Historia de Unai 6º A



Historia de Elian 6º A

luns, 6 de novembro de 2023

GAÑADORES DO CONCURSO "BÚSCASE FIN PARA CONTOS DO SAMAÍN"

OS GAÑADORES DO CONCURSO SON:


Os traballos presentados polos seguintes participantes tamén terán a oportunidade de ser gravados para publicalos no blog e na páxina web.

NORABOA A TODOS!



domingo, 5 de novembro de 2023

Samaín 2023

 Para celebrar este ano o samaín realizamos unha exposición de cabazas no salón de actos. Foi unha "animalada de exposición"!! A imaxinación e creatividade das familias non ten límites! Este ano a temática foi sobre animais en perigo de extinción que é a que estamos traballando no noso PDI e a verdade é que todas eran verdadeiras obras de arte. Grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos algunhas fotiños delas. 



















E como non! Este ano tamén nos vsitou a Bruxa Catuxa! Contounos que recibira unhas cartas nas que lle contaban que había animais que estaban desaparecendo: xirafas, linces, osos pandas vermellos...
Entón para solucionar esa situación e que non desaparezan máis animais preparou un conxuro máxico. Haberá que ver se realmente funciona!!