Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

mércores, 21 de febreiro de 2024

Visita de 2º á Aula da Natureza de Oira

Como este ano estamos a traballar no PDI sobre animais en perigo de extinción, o alumnado de 2º de primaria visitou o luns 19 de febreiro a Aula da Natureza de Oira onde aprenderon moitas cousas sobre a reciclaxe. Alí lles falaron sobre a importancia de reciclar e producir o menor lixo posible para evitar a contaminación ou que moito do lixo acabe por exemplo nos mares perxudicando aos seres vivos que alí viven. Descubriron como moitas tartarugas poden confundir as bolsas de plástico con medusas das que se alimentan, coas conseguintes consecuencias negativas para elas. Tamén realizaron un obradoiro onde lle diron unha nova vida a un libro ao convertilo nunha árbore e construiron unha tartaruga con materiais de refugallo. A continuación podedes ver as fotos da xornada. Pasárono xenial e aprenderon moitas cousas!


















domingo, 18 de febreiro de 2024

Tempo de entroido. Coidado, animais soltos!

Este ano polo entroido vestímonos cuns traxes do máis "salvaxes". Como o noso PDI vai sobre animais en perigo de extinción todos os disfraces tiñan que ver con esa temática. Dende que voltamos do nadal puxémonos mans á obra e comezamos coa elaboración dos mesmos no cole. O desfile previsto para o venres 9 de febreiro houbo que aplazalo para o xoves 15 debido á chuvia. Finalmente o xoves 15 tamén  nos acompañou a chuvia e o noso desfile polo pobo foi moi breve. Unha carpa no campo da Infesta acolleunos e permitiu ás familias que puidesen acompañarnos neste día. Grazas pola vosa participación e apoio! Aquí vos deixamos as fotos dos disfraces. 
Xirafas de 4º de Infantil.

Osos panda vermellos de 5º de Educación Infantil.
Linces Ibéricos de 6º de Infantil.

Peixes Pallaso de 1º de Primaria.
Hamster Tico (Personaxe da Volta ao Mundo en 80 días). 2º de Primaria.
Abellas e apicultores, 3º de Primaria.


Superheroes dos Polos e dos Mares. 4º de Primaria.




Bolboretas Arlequín. 5º de primaria.

Leopardos das neves. 6º de Primaria


mércores, 14 de febreiro de 2024

Jane Goodall

Polo Día da Paz e como o noso proxecto é sobre animais en perigo de extinción,  estivemos a traballar todos xuntos a figura de Jane Goodall, unha gran defensora dos animais e do medio ambiente. Aquí vos deixamos os traballos realizados por todas as clases, así como as fotos da exposición dos mesmos. Quedaron xenial!

OS NOSOS TRABALLOS

1 “O COMEZO”  

Naceu en Londres. Sendo moi pequeniña lle regalan un chimpancé de peluche: Jubilee

(3 anos)

2 “CURIOSIDADE INNATA”

Jane viviu un tempo nunha granxa onde descubriu de onde viñan os ovos. (4 anos)

 

3 “LECTORA INCANSABLE”

“Tarzán” e “O libro da selva”  foron libros que a marcaron. (5 anos)

 

4 “OS SEUS SOÑOS”

Jane soñaba con vivir en África para coñecer e axudar aos animais. (1º A)

 

5 “A VIAXE”  

Un día decidiu marchar a África cos aforros que conseguiu.(1º B)

 

6 “AXUDANTE DUN CIENTÍFICO”

Aceptou traballar ao servizo dun experto en simios. (2º)

 

7 “SEGUINTE DESTINO:TANZANIA”

Desprazouse ao parque natural de Gombe para realizar os seus estudos. (3º A)

 

8 “OBSERVANDO CON PACIENCIA”

Pasou moito tempo observando o comportamento dos chimpancés. (3ºB)

 

9 “CHIMPANCÉS EN ACCIÓN”  

Observou como os chimpancés eran capaces de crear ferramentas.(4º A)

 

10 “NOMES PARA TODOS”

Puxo nome a cada chimpancé, empezando pola mesma inicial os de cada familia . (4º B)

11 “DOUTORADA NA UNIVERSIDADE”

Na universidade de Cambridge en comportamento animal. (5º A)

 

12 “DESPEDÍNDOSE  DE ÁFRICA ”

Chegou o momento de abandoar África. (5º B)


13 “DIFUNDINDO A SÚA MENSAXE”  

Recorreu o mundo defendendo aos animais. (6º A)

 

14 “SENDO UNHA INSPIRACIÓN”

Na actualidade segue creando conciencia sobre o coidado do medioambiente e a protección dos animais. (6º B)

A EXPOSICIÓN