Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.
Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Retos. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de maio de 2024

Entrega de agasallos dos BuscaRebusca

 Xa hai unhas semanas que rematamos a actividade de retos dos BuscaRebusca, da que podemos afirmar que foi un gran éxito e na que participou moito alumnado. Todos os participantes conseguiron chegar ao final dos retos polo que todos conseguiron o seu agasallo. 

    A realización desta actividade favoreceu os seguintes aspectos.

- Desenvolvemento de habilidades de lectura: xa que, ao consultar unha serie de libros, os/as nenos/as están a exercitar e fortalecer as súas habilidades de lectura. Aprenden a buscar información, comprender textos e aplicar o que aprenderon para resolver problemas, todo iso dunha maneira atractiva e estimulante. 

- Estímulo da curiosidade e a exploración: Os retos expostos espertan a curiosidade dos nenos e motívanos a explorar e querer atopar as respostas, sendo unha gran satisfacción o momento en que descobren a solución que buscaban. 

- Incentivo para a participación activa: O sistema de selos e premios actúa como un incentivo tanxible para a participación activa na actividade. Os nenos séntense motivados a involucrarse na lectura e resolver os retos para acumular selos na súa cartilla. Esta estrutura de recompensas reforza positivamente o hábito da lectura. 

- Creación dun ambiente lúdico e colaborativo: Ao levar a cabo a actividade durante o recreo ou outras ocasións informais, créase un ambiente lúdico e relaxado que favorece a participación e a interacción entre os/as nenos/as. Ademais, ao traballar xuntos/as para resolver os retos, foméntase o traballo en equipo e a colaboración entre eles.

Aquí vos deixamos as solucións e fotos do momento da entrega dos agasallos.

Solucións dos BuscaRebusca


Descubrindo os seus agasallos e diplomas nas aulas de Infantil


Diplomas para cada unha das aulas de infantil
6º de Infantil coa súa cartilla completada e o Diploma

6º de Infantil cos seus agasallos
Cartillas e agasallos dos participantes

Algúns nenos e nenas de primaria co seu agasallo.


domingo, 21 de abril de 2024

Sexto e último reto dos BuscaRebusca

 A partir de mañá luns resolvemos o sexto e último reto do noso BuscaRebusca, unha actividade que resultou moi motivadora para os nenos que cada semana esperaban impacientes o novo reto. Con este tipo de actividades preténdese fomentar a participación na biblioteca, crear grupo, motivar aos participantes e aprender mentres xogamos. Cremos que todos eles se conseguiron ampliamente. Deixámosvos o sexto e último reto e unha mostra da participación do alumnado nalgunhas das diferentes actividades que se poden facer na biblioteca durante os recreos.                                                                                         

Reto de Infantil

Reto de Primaria


Resolvendo o quinto reto

 Hai uns días os máis peques do cole andiveron a resolver o quinto reto. Foi unha sorpresa para eles decubrir que hai alguén máis perezoso ca unha tartaruga: O perezoso!! Tampouco entendían como era posible que non se lle vise a boca con tanto pelo. A expresividade das súas caras que recollen estas fotos o din todo!

      











mércores, 10 de abril de 2024

A cativada de tres anos resolve o cuarto reto!

A semana pasada pasada os nenos e nenas de tres anos aproveitaron a súa visita á biblioteca para resolver o cuarto reto. Tiñan que buscar nos libros dos retos a que animal se correspondía a fotografía que estaba no sobre que apareceu na porta da súa clase. 
Repartimos os libros nos equipos para buscar.


Un dos equipos atopou a imaxe que buscaban!


    
Momento de comprobar que é a imaxe que buscabamos
Escribimos a solución




Reto realizado!






Xa estamos co quinto reto!

 Xa queda pouco para rematar de resolver todos os retos. Recordade que son seis e xa imos no quinto!! A actividade está sendo un éxito e moitos son os que se achegan a biblioteca para tentar dar solución a cada un retos. Moito ánimo rapaces e rapazas xa case chegamos ao final. Aquí vos queda o quinto reto!

Reto de Infantil

Reto de Infantil

Reto de primaria

Rapazada de terceiro buscando información nos libros para resolver o reto desta semana





Imos a polo cuarto reto!

 Xa apareceu na biblioteca para o alumnado de primaria e nas aulas para o de infantil, o cuarto reto para que resolvades. Moito ánimo!



 

Terceiro Reto

Comezamos a terceira semana de retos. Aquí vos deixamos o terceiro para infantil e para primaria.

Reto de Infantil

Reto de primaria






luns, 11 de marzo de 2024

2º reto dos BuscaRebusca

 Aquí vos deixamos o reto número 2 dos BuscaRebusca. A seguir investigando para dar coa solución!! Hoxe xa moitos se animaron a comezar a busca. Que animal coñeceremos esta vez?

Reto para resolver en Infantil

De novo o sobre
 grande nas portas
de infantil!