Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 17 de marzo de 2024

Día do cómic 2024

 O 17 de marzo conmemórase o Día do Cómic e do tebeo. Esta data coincide coa publicación por primeira vez da revista TBO. 

Cartel da celebración deste ano
 realizado por Borja González

Aquí vos deixamos unhas bonitas viñetas sobre animais que seguro que vos farán pensar un pouquiño. Esperamos que vos gusten!

E se vos apetece podedes animarvos con este xogo sobre o cómic. 


E por suposto non esquezades realizar o voso propio cómic coas plantillas que vos propoñemos. Escollede a que máis vos guste. Logo faremos unha exposición.

Os máis peques do cole xa comezaron a traballar co cómic. Decidiron continuar unha das historias e entre todos foron aportando ideas do que podía saír do ovo da historieta: Unha tartaruga? Unha ovella? Unha vaca? Un cactus? Quizais unhas nubes? Ou tal vez un neno tolo...? A idea  que máis votos tivo foi.... UN SOL!!! Aique agora a continuar a historia na que do ovo saíu un sol! Aquí os podedes ver moi atarefados.
 
Que saíu do ovo? As propostas dos nenos e nenas de tres anos.

Os nenos e neas de tres anos subiron á biblioteca para ver onde
estaban os cómics e comprobar se todos tiñan bocadillos.

Máis momentos da realización dos cómics nas aulas.








martes, 12 de marzo de 2024

Caderno de animais en perigo de extinción

 O alumnado de 2º de primaria elaborou un caderno onde cada un realizou unha ficha con información sobre o seu animal en perigo de extinción favorito.


luns, 11 de marzo de 2024

2º reto dos BuscaRebusca

 Aquí vos deixamos o reto número 2 dos BuscaRebusca. A seguir investigando para dar coa solución!! Hoxe xa moitos se animaron a comezar a busca. Que animal coñeceremos esta vez?

Reto para resolver en Infantil

De novo o sobre
 grande nas portas
de infantil!

             

Hoxe comprobamos a solución ao reto!

 Hoxe no recreo todos os que resolveron o reto da semana pasada tiñan unha cita na biblioteca para comprobar se a solución que atoparon era a correcta. De que animal se trataría? E cantos anos levará con nós na Terra? Pos si!!!!! Houbo moitísimos participantes e todos deron coa solución correcta: O pangolín e 47 millóns de anos son os que leva con nós. Noraboa a todos! 

Moi importante comprobar que as respostas están correctamente escritas!
O selo na cartilla que demostra que conseguimos o reto é fundamental!







martes, 5 de marzo de 2024

1º Día de retos en Infantil

 Os pequenos de infantil tamén están emocionados cos seus retos. Están descubrindo que nos libros hai moitas cousas que podemos aprender e que neles podemos atopar moitas solucións como por exemplo a do primeiro reto desta semana. Son uns observadores estupendos e non perden detalle de todo o que poden atopar nas páxinas dos libros. 

1º Reto para Infantil. Semana do 04 de marzo














                          
Un sobre xigante apareceu pola mañá na porta das clases de infantil

Que haberá dentro?

Un reto para solucionar!

                       
Seremos quen de conseguilo?

luns, 4 de marzo de 2024

1º Día de retos en Primaria

 Hoxe, primeiro día do xogo de retos xa houbo nenos e nenas interesados en participar e dar coa solución das preguntas que se plantexaban. Estiveron moi animados e concentrados buscando a información necesaria para dar coa resposta. Esperamos que vos sigades animando ao longo da semana!


Carteis anunciando Os BuscaRebusca fóra da biblioteca

Todo preparado dentro da biblioteca para comezar os retos