Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de novembro de 2023

Samaín 2023

 Para celebrar este ano o samaín realizamos unha exposición de cabazas no salón de actos. Foi unha "animalada de exposición"!! A imaxinación e creatividade das familias non ten límites! Este ano a temática foi sobre animais en perigo de extinción que é a que estamos traballando no noso PDI e a verdade é que todas eran verdadeiras obras de arte. Grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos algunhas fotiños delas. 



















E como non! Este ano tamén nos vsitou a Bruxa Catuxa! Contounos que recibira unhas cartas nas que lle contaban que había animais que estaban desaparecendo: xirafas, linces, osos pandas vermellos...
Entón para solucionar esa situación e que non desaparezan máis animais preparou un conxuro máxico. Haberá que ver se realmente funciona!!


xoves, 26 de outubro de 2023

 Para conmemorar estas datas tan terroríficas a nosa biblioteca convoca o concurso: "Búscase fin para contos do samaín". Consiste en continuar unha das tres historias propostas das que se dá a primeira frase e unha imaxe.  Nas imaxes, os protagonistas son diferentes animais en perigo de extinción que se atopan en situacións moi comprometidas ou estrañas. Seredes quen de imaxinar que puido pasar?  Canto máis terroríficas sexan as historias, mellor! O prazo para entregalas remata o vindeiro 3 de novembro. Deixámosvos aquí as bases e as imaxes. E non olvidedes consultar o noso expositor de libros do samaín que os nenos e nenas colaboradores de sexto prepararon para estas datas!