Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

xoves, 26 de outubro de 2023

 Para conmemorar estas datas tan terroríficas a nosa biblioteca convoca o concurso: "Búscase fin para contos do samaín". Consiste en continuar unha das tres historias propostas das que se dá a primeira frase e unha imaxe.  Nas imaxes, os protagonistas son diferentes animais en perigo de extinción que se atopan en situacións moi comprometidas ou estrañas. Seredes quen de imaxinar que puido pasar?  Canto máis terroríficas sexan as historias, mellor! O prazo para entregalas remata o vindeiro 3 de novembro. Deixámosvos aquí as bases e as imaxes. E non olvidedes consultar o noso expositor de libros do samaín que os nenos e nenas colaboradores de sexto prepararon para estas datas!  








Logo gañador

 Xa temos aquí o logo máis votado de todos os que fixestes. Noraboa a Lucía Muñiz de 4º B que deseñou un precioso debuxo coa metade dun "ajolote" e dun oso panda. Agora formará parte da identidade do noso PDI. Aquí volo deixamos!


Decorando as portas

 Para ir quentando motores comezamos a decorar e preparar as portas das nosas aulas con animais que están en perigo de extinción. Así podemos ver unha xirafa, un oso panda vermello, un lince, peixes pallaso... etc...Mellor as podedes ver nas fotos!

           




Exposición e votación de logos

Xa hai uns días que rematou o prazo para entregar os logos que se fixeron nas clases para representar o noso PDI. Na exposición pódense ver todas as creacións que fixestes e a verdade é que non é facil elixir o máis bonito. Agora tócavos votar cada un polo seu favorito e ver cal sae gañador.















martes, 24 de outubro de 2023

Concursos de Logos e de portas

 Para comezar a darlle forma ao noso PDI convocamos un concurso de logos para escoller aquel que representará ao noso proxecto e tamén outro de portas para animarnos a decorar e darlle vida as nosas aulas. Aquí vos deixamos os carteis anunciadores!







mércores, 4 de outubro de 2023

Día Mundial dos Animais

 Hoxe 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos animais e non queriamos deixar de resaltalo xa que este ano o tema do  noso proxecto é precisamente sobre os animais en perigo de extinción. Por ese motivo antes da música do timbre escoitouse unha mensaxe de Beltrán e Estela, dous alumnos de sexto. Deixámosvos aquí o podcats e o cartel anunciador.

Ovos misteriosos...

O último día de cole de setembro chegamos as aulas e.... Sorpresa! Atopamos un enorme ovo nun niño con algunha que outra pluma azul esparexida. Todo parecía indicar que eran de Leo, a nosa mascota da biblioteca. Non puidemos deixar de abrir eses ovos para ver que había no seu interior...







O que atopamos foi unha mensaxe xunto cunhas lentes e unha lupa, que querería dicir todo iso?



Unha vez lida a mensaxe dispuxémonos a ver o vídeo e nel decubrimos que Leo necesitaba novamente a nosa axuda. Os seus curmáns desapareceran!!! Descubrimos que os curmáns de Leo son uns mouchos nivais (coma Edwig, o moucho de Harry Potter) e que son unha especie vulnerable, en perigo. Que lles pasaría aos curmáns de Leo? Xa temos misión para este novo curso. Averiguar o sucedido. O primeiro que fixemos foi aprender un pouquiño sobre os mouchos nivais.

No seguinte vídeo podedes ver algunhas reaccións e explicacións do sucedido nese día tan emocionante!