Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

domingo, 9 de xuño de 2024

RELOXOS

Tamén para a exposición, cada clase elaborou un reloxo informativo sobre un animal en perigo de extinción. Todos quedaron moi orixinais e aprendemos moitas cousas con toda a información que contiñan. Mirade que bonitos!
Reloxo sobre o peixe pallaso de 1º
Reloxo sobre o oso panda de 3º B

Reloxo sobre a bolboreta arlequín de 5º

Reloxo sobre o leopardo das neves de 6º
Reloxo sobre o tigre de 3º A

Reloxo sobre o mazarico real do Departamento de Orientación

Reloxo en inglés sobre os diferentes animais de cada aula de 4º, 5º e 6º.

Reloxo sobre o Hamster común de 2º
Reloxo sobre a vaquiña mariña de 4º A

Reloxo sobre a xirafa de 3 anos

Reloxo sobre o lince ibérico de 5 anos

Reloxo sobre o Oso panda vermello de 4 anos
Reloxo sobre o raposo ártico de 4º B


DOCUMENTAL

Outra parada obrigada na nosa exposición foi na biblioteca, onde entre moitas outras cousas púidose visionar o documental realizado coas fotografías aportadas polas familias. Grazas a todas pola vosa colaboración. Aquí volo deixamos para que o vexades.

VIAXE AO FONDO DO MAR

ext-align: center;">






                             











EXPOSICIÓN DO PDI

 Chegamos ao final da nosa viaxe e polo tanto non podiamos deixar de convidarvos a visitar a nos aexposición con todos os traballos realizados sobre o noso proxecto. A cita foi o 4 de xuño ás 16:00 horas. Este foi o díptico coa invitación á exposición.