Axuda a Jaws

Axuda a "Jaws" (software lector de pantalla) . Esta páxina ten un deseño sinxelo, no que se distribúen as entradas na metade esquerda da pantalla e os gadgets na metade dereita sobre a vertical. Entre eles un buscador no blog, acceso a outros blogs da biblioteca, acceso a E-ELBE.2 a biblioteca virtual, e as etiquetas.

venres, 17 de maio de 2024

Actividade de Plástica

 Nas aulas de 5º estiveron a realizar unha actividade de Plástica moi creativa. Consisitiu en facer cadros en 3D de animais, para o que empregaron cartóns de gardar os ovos. Aquí podedes ver todo o proceso.































































Entrega de agasallos dos BuscaRebusca

 Xa hai unhas semanas que rematamos a actividade de retos dos BuscaRebusca, da que podemos afirmar que foi un gran éxito e na que participou moito alumnado. Todos os participantes conseguiron chegar ao final dos retos polo que todos conseguiron o seu agasallo. 

    A realización desta actividade favoreceu os seguintes aspectos.

- Desenvolvemento de habilidades de lectura: xa que, ao consultar unha serie de libros, os/as nenos/as están a exercitar e fortalecer as súas habilidades de lectura. Aprenden a buscar información, comprender textos e aplicar o que aprenderon para resolver problemas, todo iso dunha maneira atractiva e estimulante. 

- Estímulo da curiosidade e a exploración: Os retos expostos espertan a curiosidade dos nenos e motívanos a explorar e querer atopar as respostas, sendo unha gran satisfacción o momento en que descobren a solución que buscaban. 

- Incentivo para a participación activa: O sistema de selos e premios actúa como un incentivo tanxible para a participación activa na actividade. Os nenos séntense motivados a involucrarse na lectura e resolver os retos para acumular selos na súa cartilla. Esta estrutura de recompensas reforza positivamente o hábito da lectura. 

- Creación dun ambiente lúdico e colaborativo: Ao levar a cabo a actividade durante o recreo ou outras ocasións informais, créase un ambiente lúdico e relaxado que favorece a participación e a interacción entre os/as nenos/as. Ademais, ao traballar xuntos/as para resolver os retos, foméntase o traballo en equipo e a colaboración entre eles.

Aquí vos deixamos as solucións e fotos do momento da entrega dos agasallos.

Solucións dos BuscaRebusca


Descubrindo os seus agasallos e diplomas nas aulas de Infantil


Diplomas para cada unha das aulas de infantil
6º de Infantil coa súa cartilla completada e o Diploma

6º de Infantil cos seus agasallos
Cartillas e agasallos dos participantes

Algúns nenos e nenas de primaria co seu agasallo.


Actividades polo Día do Libro 2024

 O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro establecido pola UNESCO xa que nesta data faleceron tres dos grandes autores da Literatura Universal: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Para celebralo na nosa biblioteca ao longo desa semana realizamos as seguintes actividades:

- Taller de marcapáxinas. Nos recreos da biblioteca os que queiran poderán realizar simpáticos marcapáxinas de animais. Mirade o día que vos toca! 




Facendo os marcapáxinas

Marcapáxinas rematados


Visita á Insua dos Poetas. O alumnado de quinto xunto ao de sexto que van ao Club de lectura visitaron a Insua dos Poetas en Carballiño para gozar dunha xornada de actividades literarios nun entorno natural único. 
Insua dos Poetas




-
- Realización dun Animalario. Desde hai uns días todas as aulas están a realizar as páxinas que conformarán un animalario sobre animais en perigo de extinción. 

- En que personaxe te convertirías por un día? O alumnado de segundo deixou voar a súa imaxinación e pensaron en que personaxe de libro lles gustaría convertirse por un día. Cada un elexiu o seu e explicaron por que o elixiron, describíronse e debuxáronse. Quedaron uns traballiños do máis orixinais que encadernaron para ter na clase e que todos os puidesen ler. Aquí volos deixamos.
- Creación do "Recantiño voador", un espazo no que se poderán deixar e/ou coller libros aos que aínda se lles pode dar unha segunda oportunidade, pero que na biblioteca xa non teñen cabida porque hai que deixar espazo para as novidades!!

Aquí podedes ver o noso "Recantiño voador"


                            

Disfrutando do Recantiño Voador