Para conmemorar estas datas tan terroríficas a nosa biblioteca convoca o concurso: "Búscase fin para contos do samaín". Consiste en continuar unha das tres historias propostas das que se dá a primeira frase e unha imaxe. Nas imaxes, os protagonistas son diferentes animais en perigo de extinción que se atopan en situacións moi comprometidas ou estrañas. Seredes quen de imaxinar que puido pasar? Canto máis terroríficas sexan as historias, mellor! O prazo para entregalas remata o vindeiro 3 de novembro. Deixámosvos aquí as bases e as imaxes. E non olvidedes consultar o noso expositor de libros do samaín que os nenos e nenas colaboradores de sexto prepararon para estas datas!
Axuda a Jaws
xoves, 26 de outubro de 2023
Logo gañador
Xa temos aquí o logo máis votado de todos os que fixestes. Noraboa a Lucía Muñiz de 4º B que deseñou un precioso debuxo coa metade dun "ajolote" e dun oso panda. Agora formará parte da identidade do noso PDI. Aquí volo deixamos!
Decorando as portas
Exposición e votación de logos
martes, 24 de outubro de 2023
Concursos de Logos e de portas
Para comezar a darlle forma ao noso PDI convocamos un concurso de logos para escoller aquel que representará ao noso proxecto e tamén outro de portas para animarnos a decorar e darlle vida as nosas aulas. Aquí vos deixamos os carteis anunciadores!
mércores, 4 de outubro de 2023
Día Mundial dos Animais
Hoxe 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos animais e non queriamos deixar de resaltalo xa que este ano o tema do noso proxecto é precisamente sobre os animais en perigo de extinción. Por ese motivo antes da música do timbre escoitouse unha mensaxe de Beltrán e Estela, dous alumnos de sexto. Deixámosvos aquí o podcats e o cartel anunciador.